Vela, táboa lixeira e windsurf

Son moitas as localizacións idóneas para practicar este tipo de deporte ao longo da nosa costa, a praia de Broña, Siavo, ou calquera enclave costeiro.  O Freixo pode ser un excelente punto de partida para encarar esta aventura pola ría de Muros e Noia. No centro  náutico do Freixo poderás asistir a cursos de vela; alugar embarcacións ou gardar o teu material de windsurf. Coa práctica destes deportes, poderás desfrutar de toda a beleza da nosa ría.