Sendeirismo

Temos unha serie de rutas planificadas, cun percorrido que está definido e que se pode consultar dende noso apartado de rutas. Outros lugares dun grande atractivo para dar un paseo ou simplemente relaxarse son: 

*A Senda verde do Requeixo ao Freixo, excelente paraxe ao longo do litoral onde podemos gozar dunhas paisaxes costeiras e recrearnos contemplando as vistas sobre as que transcorre este percorrido. 

*Subida ao monte Tremuzo, no Freixo de Sabardes, para as persoas amantes dunhas excelentes panorámicas da nosa ría.

*Subida ao monte Castelo, en Cando, outra das inmellorables vistas para contemplar a inmensidade das rías de Muros/Noia e de Arousa.

*Facer a “ruta dos Carpinteiros cos pés mollados”, no Freixo, para contemplar ademais dunhas panorámicas de indubidable beleza a carón do mar, a importancia que tivo xa dende hai tempo a carpintería de ribeira para o noso concello.

*Perderse paseando por algún dos nosos montes, para facer unha ruta de sendeirismo, polo propio pracer de camiñar ou  se é a época axeitada, para ir recoller cogomelos, castañas ou simplemente admirar a natureza.