Pontes

Dúas pontes de época medieval, permanecen sobre os nosos ríos: 

Pontenafonso

Unha de grandes dimensións sobre o Tambre, chamada Pontenafonso que constitúe cos seus 20 arcos e 270 metros de longo, a máis impoñente ponte antiga da contorna. O perfil oxival de varios dos seus arcos, confirma a súa orixe baixo medieval. 

Ponte da Serra

A segunda, na Serra de Outes, sobre o río Tins, é a ponte da Serra, ten un único arco de perfil apuntado que mide 14 metros de lonxitude e 7 metros de altura.

Ponte do Ruso

Outra ponte de singular beleza que cruza o río Tins, é a ponte do Ruso (século XVIII) que se atopa no lugar dos Muíños, na parroquia de Santo Ourente. Ponte de cadeirado dun único arco de medio punto de 11,5m de longo e dunha altura de 5,5m.