Piragüismo

Kayak no río Tambre:  dende a central hidroeléctrica do Tambre ata a desembocadura en Pontenafonso. Descorre esta ruta polo último tramo do río, antes de abrirse ao mar, e onde ademais de contemplar o magnífico bosque de ribeira, pasaremos por canaveirais e polo contorno do pazo do Tambre, antes de chegar á excepcional ponte medieval de Pontenafonso.

Piragüismo e canoa:  o río Tambre e a enseada do Engano son lugares propicios para este tipo de actividade. No lugar de Pontenafonso, está situado o club de piragüismo “Taxamar”, onde se organizan cursos de formación. Diferentes empresas privadas tamén se encargan de organizar este tipo de deporte na nosa contorna.