'Pipións'

Os “pipións” -Ammodytes Lancea- así é como os coñecemos nós, pero noutros lados chámanlles bolos, pións..; podemos atopalos na praia da Barquiña (San Cosme), a finais de decembro e en xaneiro, preferentemente en días de lúa chea e con temperatura baixa. Prodúcese este fenómeno ben curioso e único pola nosa contorna. Este peixe vén desovar a este areal, momento no que a xente aproveita para desenterralos, con sachos, da area. Son alongados e móvense rápido, en zig-zag, polo que hai que ser rápidos e avezados para collelos. Vaise coa marea devalada. Cando esta se dá pola noite, é todo un espectáculo ver o areal cheo de  lanternas e farois e ateigado de xente na procura do delicioso manxar. A maneira máis común de consumilos é enfariñados e fritidos en tixola.