Peto de ánimas

Atópanse en camiños e encrucilladas de toda Galicia e son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción polas ánimas. Podemos  contemplar unha mostra deste singular elemento da arquitectura popular no camiño de Entíns a Tarás, pegado a un muro. Ten forma de fachada, con remate en frontón triangular e cruz enriba. Este construíuse por devoción dun fregués e a súa finalidade era que os devotos puidesen ofrecer esmolas para a salvación das almas.