Onde estamos?

Onde estamos?

O Concello de Outes forma parte da comarca de Noia, integrada ademáis polos concellos de Noia, Lousame e Porto do Son. Esta comarca atópase na costa oriental da provincia de A Coruña. Poucos municipios gozan do privilexio de atoparse nun marco xeográfico que ofreza tan rica variedade de formas e contornos, matices paisaxísticos e contrastes. As súas fronteiras están determinadas pola desembocadura do río Tambre ao Sur, e os concellos de Muros, Mazaricos, Negreira e Noia.

Mapa do Concello

O seu termo ocupa 100 quilómetros cadrados. A capital municipal está na Serra de Outes e dista 7 quilómetros de Noia, 15 de A Picota (Mazaricos), 25 de Muros, 40 de Santiago e 105 de A Coruña. Outes ten un clima oceánico húmido debido á proximidade do Atlántico, as precipitacións son máis abundantes nos meses de novembro a marzo pero no verán, o tempo en xeral é bo, con temperaturas altas e escasas choivas debido a presencia case constante do anticiclón das Azores.

O concello conta cunha densidade de 93 habitantes por quilómetro cadrado, moi superior á media do Estado Español se ben a poboación tende a concentrarse no litoral, de xeito que a metade dela vive en só tres núcleos de poboación: A Serra, O Freixo e O Cruceiro de Roo.