Muíños, palomares e hórreos

Muiños

Entre os múltiples muíños que temos no noso concello, destacan os muíños de Albeida, no lugar de Rates. A estratéxica disposición destas construcións ao longo da caída do regato de Albeida, proporcionan ao conxunto unha beleza singular. Aquí atopamos unha zona ben sinalizada que indica unha ruta de sendeirismo. Nesta paraxe temos diante nosa oito muíños dispostos pola ladeira do regato que os abastece e que podemos admirar ao percorrer as súas 253 escaleiras de madeira. Dende este punto sae a ruta de sendeirismo Albán-Tremuzo, de aproximadamente 14 km de distancia e que merece a pena realizar.

Pombais e hórreos

Outro dos elementos da arquitectura tradicional que abundan no noso concello son os pombais e hórreos. Ao longo de todo o concello podemos contemplar diferentes exemplos destas construcións, a maioría en desuso, pero na antigüidade tiveron unha grande importancia como elementos claves dentro da economía de subsistencia propia das casas galegas. A dimensión e importancia do hórreo -contabilizados no concello 381- e pombal estaba en consonancia coa da propia casa ou familia á que pertence.

Hórreo