Montes

Destacan na accidentada morfoloxía do relevo outiense o gran número de montes que aparecen ao longo da súa superficie. Destacan a Pedra Serpal en Cando, –neste lugar atopamos penedos e pedras de considerables dimensións- e o miradoiro do Castelo 419 m. –vistas panorámicas da ría de Muros e Noia, e incluso da ría de Arousa con ceos despexados -; O Monte da Pena –Alto das sete fontes 402 m, a Bella de 477 m. e a Pedra da Pena con 503 m.- na parroquia de Santo Ourente, que posúe unha gran cantidade de rochas e penedos de moito encanto.

Monte da Pena (Santo Ourente)

O monte Tremuzo, érguese como a maior altitude do noso concello, con 531 metros e dende onde podemos contemplar unha espléndida panorámica da ría de Muros e Noia.

Panorámica de Outes co monte Tremuzo no centro, a praia de Broña á dereita e o porto do Freixo á esquerda.