Gastronomía

Gastronomía

Outes é ben coñecido na nosa contorna pola súa variedade culinaria e amplamente demostrada está a excelencia dos produtos cos que se elaboran gran parte dos menús que ofrecen os establecementos hostaleiros. Algunhas carnes de pucho, porco, polo e coello aínda proveñen da crianza tradicional.  De excelente calidade son tamén os peixes e mariscos que veñen da nosa ría e as hortalizas e verduras que proveñen dos hortos familiares. Todos estes elementos fan que os pratos que se elaboran en cada un dos restaurantes e casas de comidas do concello sexan do agrado dos comensais.

Carnes á pedra ou á brasa, guisadas tanto de becerro, porco, coello, cordeiro, cabrito, etc. Mariscos: Tanto bivalvos (berberecho, ameixa, ostras, mexillón, navalla) como crustáceos (nécora, centola, boi, lumbrigante, cigala, etc..) e peixes das nosas rías, en caldeirada, á brasa,  etc.. 

Berberechos e ameixas (lonxa do Freixo)

Moluscos como o Polbo á grella, á feira, o choco, luras, etc. Empanadas de trigo ou de millo. Cocido galego. Filloas da pedra ou sartaña, etc.. 

A cociña da nosa terra fará as ledicias dos comensais, ao  poder degustar, dende sinxelos pratos elaborados con produtos máis económicos ata mariscos de alto prezo, pero sempre co máximo garante de frescura, todos eles difíciles de conseguir noutros lugares debido á procedencia próxima da ría e do noso agro.