Capelas

Entre as capelas, destaca a da Santa María do Rial construída no ano 1668, segundo unha inscrición que hai na sacristía. Esta capela é a supervivente do vello mosteiro de monxas. Ten un recinto amurallado, do que forma parte un cruceiro (obra do escultor Ferreiro) e unha fonte. A súa romaría celébrase o 8 de setembro.