Barranquismo

A nivel particular ou a través de empresas privadas, temos varias rutas que se poden practicar no noso concello, situadas na parroquia de San Lourenzo de Matasueiro:

*Descenso de canóns en Santa Baia, que ao non ser un barranco moi esixente tecnicamente permite gozar da actividade e a súa contorna a todo tipo de persoas independentemente do  coñecemento do deporte e da súa forma física. Durante o descenso cruzaremos un bosque frondoso e con distintos tipos de árbores, alfombras de musgo, rochas e fervenzas. Descubriremos este deporte camiñando, nadando, realizando saltos e gozando de tobogáns naturais. 

*Barranquismo no río Ribeiriños, é este un canón con moito desnivel labrado. Unha sucesión continua de sete rápeles con auga, que fai desta, unha actividade técnica e segura, baixo a beleza cativadora do bosque de ribeira polo que discorre. Poucos barrancos contan con esta cantidade de rápeles polos que baixan as augas en paredes moi estreitas. Catalogado de nivel medio, cómpre ter certa experiencia antes de realizar esta ruta.

Foto de Andrés Villar (villarandres.blogspot.com.es)